Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 16 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se dá publicidade da resolución do procedemento de declaración de prohibición de contratar da UTE Empresa Gavilanes, S.L.; Autocares E. Losada, S.L.; Ruta 82, S.L.; Keiper Laza, S.L. e das empresas Gavilanes, S.L.; Autocares E. Losada, S.L.; Rutas 82, S.L. e Queiper Laza, S.L.

De acordo co disposto no artigo 20 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a Resolución do 13 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, ditada no procedemento PC/DXM/2021/02, que resolve o seguinte:

Primeiro. Declarar a prohibición de contratar no ámbito da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da UTE Empresa Gavilanes, S.L.; Autocares E. Losada, S.L.; Ruta82, S.L.; Keiper Laza, S.L. e das empresas denominadas Empresa Gavilanes, S.L.; Autocares E. Losada, S.L.; Rutas 82, S.L. e Queiper Laza, S.L., titulares do contrato de concesión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada XG-502 eixo de Laza, polo prazo dun ano desde a data de inscrición da prohibición de contratar no Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2021

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade