Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 16 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se dá publicidade da resolución do procedemento de declaración de prohibición de contratar da empresa Arriva Galicia, S.L.U.

De acordo co disposto no artigo 20 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a Resolución do 13 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, ditada no procedemento PC/DXM/2021/03, que resolve o seguinte:

Primeiro. Declarar a prohibición de contratar de Arriva Galicia, S.L.U. no ámbito da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo prazo de nove meses desde a data de inscrición da prohibición de contratar no Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2021

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade