Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 16 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS321A (expediente 2020-00000259-00 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras o intento da notificación dos actos administrativos de requirimentos de presentación da xustificación da axuda concedida ao abeiro da Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS321A), en relación coas persoas que escolleron expresamente a modalidade de notificación por vía postal e que figuran no anexo, sendo a dita notificación infrutuosa por seren devoltas en todas as ocasións sen ser recibidas polas ditas persoas interesadas, nos termos do disposto nos artigos 44 e 45.2 da dita lei cómpre efectuar esta práctica notificativa por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimentos de xustificación da documentación das axudas concedidas

Logo de revisar a documentación presentada como xustificación da subvención concedida tendo en conta o disposto no artigo 16 da Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código do procedemento BS321A), advírtese nela a falta que a continuación se indica:

Nº de expediente

NIF

Contido do acto

Data do

requirimento

Descrición do documento requirido

BS321A-2020-00000259-00

33551823K

Requirimento xustificación

2.2.2021

– A xustificación da obtención do permiso de condución para o cal se solicitou a axuda mediante a copia do permiso de condución ou da autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico.

Esta xustificación debe conter a data de expedición do documento, que debe estar entre o intervalo recollido no artigo 15.a) da orde de convocatoria, modificado pola Orde do 8 de outubro de 2020: entre o 1.1.2020 e o 21.12.2020.

– A declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes (anexo III da orde de convocatoria).

BS321A-2020-00000405-00

42412803K

Requirimento xustificación

2.2.2021

BS321A-2020-00000726-00

53188476X

Requirimento xustificación

2.2.2021

BS321A-2020-00002223-00

18461432E

Requirimento xustificación

28.1.2021

BS321A-2020-00002945-00

49444570K

Requirimento xustificación

2.2.2021

BS321A-2020-00002962-00

54337621Y

Requirimento xustificación

2.2.2021

Para os efectos, requírese que acheguen os documentos antes sinalados no prazo improrrogable de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da notificación do dito requirimento, de acordo co disposto no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Se non presentan a documentación requirida no prazo indicado, a subvención entenderase como non xustificada, o que comportará a perda do dereito ao seu cobramento, sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar conforme a lexislación vixente.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2021. María Begoña Mosteiro Blanco, subdirectora xeral do Instituto da Xuventude de Galicia.