Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de catro predios por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Vilaboa, na provincia de Pontevedra (expediente IN407A 2021/36-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, intentada a notificación ás persoas propietarias dos predios que se sinalan no anexo, ao non se poder realizar, a seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia. Os interesados son informados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2021/36-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias, deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 48.

O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Pontevedra, 9 de setembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº predio

Propietario

Referencia catastral

Polígono

Parcela

1

María Isabel Senra Vázquez

Hrdos. de Aurelia Senra Suárez

María Isabel Senra Suárez

36058A002003040000LO

2

304

3

Hros. de Feliciano Estévez Torres

36058A002003850000LH

2

385

6

José Manuel Malvar González

36058A002003750000LX

2

375

8

Hros. de Manuel Clemente Cortegoso Martínez

36058A002003810000LE

2

381