Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 10 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións dun predio por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Avión, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación aos propietarios do predio que se sinala no anexo, por seren descoñecidos os propietarios, a seguir publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados son informados de que o expediente IN407A 2021/102-3, correspondente á instalación eléctrica denominada regulamentación LMT ALB801 apoio 83-18-7-2, está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias desta xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º andar (Servizo de Enerxía e Minas). O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

(http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica)

Ourense, 10 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/102-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT ALB801 apoio 83-18-7-2.

Concello: Avión.

Predio nº: 1.

Paraxe: Souteira.

Cultivo: Matorral.

Referencia catastral: 32005A053003100000FQ.

Titular: descoñecido.

Afección: 2 m2 de ocupación para o apoio 83-18-7-2.