Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 8 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, para os efectos expropiatorios.

O 11.9.2020 esta dirección xeral ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de aprobación do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (Culleredo), e da súa declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 28.9.2020, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 30.9.2020 e no xornal La Voz de Galicia do 24.9.2020, e tamén estivo exposta nos taboleiros de anuncios do Concello de Culleredo e da Xefatura Territorial da Coruña desta consellería. Simultaneamente, practicáronse as notificacións individuais aos titulares dos predios afectados que figuran na relación de bens e dereitos afectados (RBDA) publicada. Así mesmo, para aqueles afectados aos cales non se puido practicar a notificación, esta dirección xeral ditou un anuncio, con data do 15.10.2020, para os efectos da súa notificación, que se publicou no DOG (29.10.2020) e no taboleiro de edictos único do BOE (3.11.2020).

Posteriormente, o promotor presentou un proxecto sectorial modificado e unha nova solicitude de declaración de utilidade pública, xa que a modificación proxectada implica a variación das superficies de afección recollidas na RBDA publicada para algún predio (nº 5, 12 e 19), e corrixiuse, así mesmo, un erro detectado na superficie de afección recollida na RBDA publicada para un predio (nº 22).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse ás persoas interesadas que figuran no anexo, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados, ou por resultar descoñecido o interesado ou o seu enderezo.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2021

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Procedemento: declaración de utilidade pública do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, para os efectos expropiatorios.

Municipio afectado: Culleredo (A Coruña).

Persoa interesada

Predio afectado

Referencia catastral

Iglesias Domínguez, Margarita

19

15031A00500199

Iglesias Domínguez, María Jesús

19

15031A00500199

Barral Lousada, María

22

15031A00500262