Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente-e IN407A 2021/134-1).

Expediente-e: IN407A 2021/134-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento da LMTS e RBT avenida Mariñas (glorieta elevada AC-12).

Concello: Oleiros.

Feitos:

1. O 13 de xullo de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de recuar as liñas de media tensión afectadas pola construción da glorieta elevada, orde de accesos e circulación peonil na AC-12.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: recuamento LMTS e RBT avenida Mariñas (glorieta elevada AC-12).

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. UFD Distribución Electricidad, S.A. recoñece os seguintes organismos afectados: Axencia Galega de Infraestruturas-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; Demarcación de Estradas do Estado en Galicia-Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana; Servizo de Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña e o Concello de Oleiros.

A dita empresa promotora achegou un certificado do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axencia Urbana, en que se certifica que as actuacións do recuamento están contidas dentro do proxecto Construción de enlace. Depresión da estrada AC-12 p.q. 5+190, construción de glorieta elevada, ordenación de accesos e circulación peonil. Provincia da Coruña.

No dito certificado sinálase a conformidade do Concello de Oleiros. Asemade, a empresa promotora achega a autorización do Servizo de Patrimonio Cultural e un informe da AXI, en que indica que non lles afectan as actuacións.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que deseguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 318 metros, coa orixe en empalme proxectado en LMTS SMC717 entre o CT Agramar (15CDW3) e o CT urbanización Areal Sur (15SSJ9), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en cela de MT do CT urbanización Areal Sur, retirando o treito que na actualidade cruza a AC-12 á altura da construción da glorieta elevada.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 226 metros, coa orixe en cela de MT do CT Bellamar (15CS16), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en empalme proxectado en LMTS SMC717 entre o CT Bellamar (15CS16) e o CT rúa Areal, número 29 (15SGMS); retirando o treito que a día de hoxe discorre paralelo á AC-12 á altura da construción da glorieta elevada.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 181 metros, coa orixe en empalme proxectado en LMTS SMC725, entre o CD Citroën (15CMW8) e o CD Telefónica Perillo (15CMW9), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en empalme proxectado en LMTS SMC725 entre o CD Citroën (15CMW8) e o CD Telefónica Perillo (15CMW9), retirando o treito en que na actualidade atravesa a AC-12.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 25 de agosto de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña