Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente-e IN407A 2021/104-1).

Expediente-e: IN407A 2021/104-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento da LMT MOL-816-817-823-824-825-826-827 por blindaxe SSEE Mourela, no lugar da Mourela.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Feitos:

1. O 31 de maio de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de recuar as saídas de media tensión existente no interior da SSEE Mourela por mor da blindaxe do parque de media tensión existente e a súa nova localización (expediente-e IN407A 2021/060).

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: recuamento LMT MOL-816-817-823-824-825-826-827 por blindaxe SSEE Mourela.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello das Pontes de García Rodríguez. A día da elaboración deste informe, non consta no expediente resposta do organismo afectado, é dicir, o concello, á solicitude do condicionado solicitado.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais y técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que de seguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Retensado liña eléctrica de media tensión aérea (actuación número 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 88 metros, coa orixe no apoio C 7000/14 proxectado no interior da subestación de Mourela, condutor tipo LA-110 mm2 e remate no apoio B9P5T9R0//D3 existente da LMT MOL817/MOL/827.

– Retensado liña eléctrica de media tensión aérea (actuación número 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 97 m, coa orixe no apoio C 4500/14 proxectado no interior da subestación de Mourela, condutor tipo LA-110 mm2 e remate no apoio B9PVBFT//3 existente da LMT MOL825.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 45 m, coa orixe en cela da subestación, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×400 mm2 Al e remate en LMT MOL826 existente en arqueta.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 46 m, coa orixe en cela da subestación, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×400 mm2 Al e remate en LMT MOL823 existente en arqueta.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 3), a 20 kV, cunha lonxitude de 47 m, coa orixe en cela da subestación, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en LMT MOL816 existente en arqueta.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 4), a 20 kV, cunha lonxitude de 43 m, coa orixe en cela da subestación, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en LMT MOL817 existente sobre o apoio C 7000/14 proxectado.

– Liña léctrica de media tensión soterrada (actuación número 5), a 20 kV, cunha lonxitude de 45 m, coa orixe en cela de subestación, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en LMT MOL827 existente sobre o apoio C 7000/14 proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 6), a 20 kV, cunha lonxitude de 46 m, coa orixe en cela de subestación, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en LMT MOL825 existente sobre o apoio C 4500/14 proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación número 7), a 20 kV, cunha lonxitude de 235 m, coa orixe en cela de subestación, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en LMT MOL824 existente sobre o apoio de celosía.

– Desmantelamento das LMT soterradas e aéreas existentes que se recúan.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 26 de agosto de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña