Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2021 Páx. 45561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2020-00004415 e sete máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas nos procedementos de conformidade co establecido na Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida (procedemento BS403B), para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 12, do 20 de xaneiro de 2020).

Para estes efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en que terán á súa disposición os expedientes para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións ditadas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia. Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición, ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Núm. de expediente

Acto administrativo e data

36174755X

BS403B-2020-00004415

Resolución do 29.7.2021

48658764X

BS403B-2020-00005079

Resolución do 29.7.2021

43173710L

BS403B-2020-00005115

Resolución do 29.7.2021

Y2686021A

BS403B-2020-00009564

Resolución do 29.7.2021

32723792J

BS403B-2020-00010342

Resolución do 29.7.2021

49681295F

BS403B-2020-00011758

Resolución do 29.7.2021

X9864781N

BS403B-2020-00013108

Resolución do 29.7.2021

X7389620L

BS403B-2020-00013164

Resolución do 29.7.2021