Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2021 Páx. 45563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador MON-LU-0071/2018-FOR.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, para ser notificada por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo á súa escolla, ante o xulgado do contencioso correspondente do seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8 e14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: MON-LU-0071/2018-FOR.

Interesado: 76540894E.

Acto de notificación: resolución solicitude revisión oficio.