Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44251

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que resulta imposible a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a seguir, comunícaselles, en canto persoas responsables, a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas na parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Localización

Persoas responsables que non puideron ser notificadas

27020A012000160000BX

A Devesa (Friol)

Nicanor Varela Ramil

Daniel Varela Ramil

Jesús Varela Ramil

Hermesinda Varela Ramil

1. En virtude do que antecede, comunícaselles que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007 e que dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámite á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

3. No caso de que proceda a execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva, unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada inicialmente de 604,40 €, IVE incluído.

4. Todo iso sen prexuízo, de ser o caso, do correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

Friol, 16 de xullo de 2021

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde