Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da zona de reestruturación parcelaria de Lanzós, no concello de Vilalba (Lugo) (expediente 2021/0096).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 18 de agosto de 2021, do proxecto da zona de reestructuración parcelaria de Lanzós, no concello de Vilalba (Lugo), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

A declaración poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático