Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Endesa Generación, S.A. para a súa central térmica e vertedoiro de residuos non perigosos situados no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente 2018-IPPC-M-61).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: central térmica e vertedoiro de residuos non perigosos das Pontes

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Endesa Generación, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2005/0479_AIA/IPPC_025

Localización: concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Expediente: 2018-IPPC-M-61

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático