Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de agosto de 2021, do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia, alegacións e valoración económica da reclamación de responsabilidade patrimonial RP-2018-0264-L polos danos derivados da asistencia sanitaria.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do trámite de audiencia no domicilio da persoa interesada que se especifica no anexo non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento.

Para tal efecto, a persoa interesada no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, poderá exercer o seu dereito de vista de expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificantes que estime pertinentes. Os documentos incluídos no procedemento, que reflicten as actuacións practicadas por esta instrutora, dos cales poderá obter copia se o considera, estarán ao dispor da persoa interesada nas dependencias da Inspección de Servizos Sanitarios da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en Lugo, sita na rúa María Balteira, núm. 1, 1º andar, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Poderá igualmente facer efectivo este trámite solicitando a remisión da documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (notifica.xunta.gal).

Transcorrido o devandito prazo terase por efectuado o trámite de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e continuarase co procedemento entendéndose producido desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 18 de agosto de 2021

Manuela Guillén García
Instrutora do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Lugo

ANEXO

Nº expediente: RP-2018-0264-L.

DNI da persoa interesada: 33345462Q.

Data da notificación: 3.8.2021.

Tipo de notificación: comunicación trámite de audiencia, alegacións e valoración económica da reclamación patrimonial.