Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0061/2019-PPM e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-FE-0061/2019-PPM e dez máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 18 de agosto de 2021

A xefa territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 20.4.2021)
Beatriz Alonso de la Iglesia
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0061/2019-PPM

X7220674P

Resolución

O Portiño, 26, baixo A, A Coruña

PSC-FE-0062/2019-PPM

58035327W

Resolución

r/ O Portiño, 2, 1º dta., A Coruña

PSC-FE-0063/2019-PPM

32752742Y

Resolución

r/ O Portiño, 2, 1º dta., A Coruña

PSC-FE-0065/2019-PPM

47374549T

Resolución

O Portiño, 63 bis, A Coruña

PSC-FE-0067/2019-PPM

58022478X

Resolución

Portiño, bl. 2, 1º esqda., A Coruña

PSC-FE-0040/2021-PPM

32689059X

Resolución

Pazo, Serantes, 48c, Ferrol

PSC-FE-0043/2021-PPM

32725057J

Resolución

rúa do Prado, mz. 22, ptl.7, 2º D, Tejeras, Ferrol

PSC-FE-0044/2021-PPM

35445351M

Resolución

r/ Pontedeume, 9, 2º esqda., Ferrol

PSC-FE-0046/2021-PPM

32674318N

Resolución

r/ Obispo Argaya Goicoechea, 85, Narón

PSC-FE-0047/2021-PPM

32721460G

Resolución

r/ Enrique Granados, ptl.13 baixo, dta., Ferrol

PSC-FE-0052/2021-PPM

32692609H

Resolución

Río Deza, 2, 4º A, Narón