Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 46259 e seis máis).

Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, nº 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán desistidos/as da súa petición.

Ourense, 18 de agosto de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data de requirimento

46259

098667167

25.1.2021

46826

31970017N

11.2.2021

47477

GM3784923

15.3.2021

48157

AV104704
(represente legal: Y5189035L)

4.5.2021

48499

Libro familia
(representante legal: Y1135373S)

7.5.2021

49059

D390740

28.6.2021

50510

A02192727

4.8.2021