Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 30 de agosto de 2021 Páx. 43229

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de notificación da resolución de orde de execución subsidiaria relativa ao expediente 2019/X999/000248.

Notificación da resolución de orde de execución subsidiaria relativa ao expediente  2019/X999/000248, instruído a Jesús Centeno Rodríguez por incumprimento da orde de xestión da biomasa na parcela urbana con referencia catastral 3204111NH0930S0001TA, sita na rúa Bo Remedios de Corme (Ponteceso).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 4 da Ordenanza municipal non fiscal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do Concello de Ponteceso (BOP nº 149, do 7 de agosto de 2018), notifícase a Jesús Centeno Rodríguez, con DNI 32358338E, que o día 4.8.2021 foi ditada a resolución de Alcaldía 498/2021 pola que se acorda proceder á execución subsidiaria dos traballos de xestión da biomasa na parcela urbana con referencia catastral 3204111NH0930S0001TA, sita na rúa Bo Remedios de Corme (Ponteceso), cuantificados en 193,60 euros (IVE incluído) e imponse, ademais, unha multa coercitiva por importe de 300 euros.

Así mesmo, fíxase a data en que se levarán a cabo os traballos de xestión da biomasa para o décimo día hábil seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O interesado poderá examinar o expediente completo nas oficinas xerais do Concello de Ponteceso, das 9.00 ás 14.00 horas, todos os días laborables, para os efectos de coñecer o seu contido íntegro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contado desde o día seguinte ao de notificación desta resolución.

Ponteceso, 4 de agosto de 2021

Xosé Lois García Carballido
Alcalde