Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 30 de agosto de 2021 Páx. 43228

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO polo que se publica a orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (GEST 1078/21-URB 32/2021).

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (redacción da Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procédese á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral de dúas parcelas en situación de risco de incendio; dunha delas non se coñece o enderezo do titular, e doutra, non coñecemos a identidade do titular, ao figurar en investigación no catastro, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

Gestiona 1078/2021

Urb. 32/2021

Poíigono 21 parcela 1243

Arrabal Santa María de Oia

Titular descoñecido

36036A021012430000QA

Gestiona 1078/2021

Urb. 32/2021

Polígono 21 parcela 1252

Arrabal Santa María de Oia

Manuel Álvarez Álvarez

Enderezo descoñecido

36036A021012520000QL

En todo caso, o cómputo dos prazos comenzará a contarse a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Oia, 5 de agosto de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa