Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 27 de agosto de 2021 Páx. 43012

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se lle dá publicidade a unha encomenda de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante os anos 2021, 2022 e 2023.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda de xestión:

1. Resolución do 22 de xullo de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a prestación dun servizo de apoio técnico ás funcións do organismo intermedio certificador do FEMP 2014-2020.

– Actividade: prestación dun servizo de apoio para a realización das funcións que a autoridade de certificación (FEGA) delega no organismo intermedio de certificación (Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar) do programa operativo FEMP de Galicia no período 2014-2020.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de agosto de 2021 ata o 31 de decembro de 2023.

– Financiamento: tramitación con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2021, 2022 e 2023, aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1 e con código de proxecto 2016 00287. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na medida 7 (asistencia técnica).

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar