Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 27 de agosto de 2021 Páx. 43013

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se lles dá publicidade a dúas encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar para seren executadas durante o ano 2021.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselles publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 6 de agosto de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar a realización do servizo en materia de formación correspondente á impartición dun programa de accións formativas no ano 2021 no centro de formación A Aixola.

– Actividade: realización, pola fundación Cetmar, das accións para dar o servizo en materia de formación para a impartición dun programa de accións formativas no ano 2021 (2º semestre) no centro de formación A Aixola.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 6 de agosto de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.03.722A.640.1, código do proxecto 2016 00258, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

2. Resolución do 29 de xullo de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar a realización, polo sistema de administración, dun servizo de apoio técnico ao deseño dunha embarcación patrulleira de madeira para o Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

– Actividade: realización das actuacións relativas á execución, polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, de accións de apoio á Consellería do Mar que teñen como finalidades últimas o deseño dunha embarcación patrulleira construída en madeira para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota pesqueira de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 29 de xullo de 2021 ata o 30 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar