Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 20 de agosto de 2021 Páx. 42078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da aprobación inicial do Proxecto de modificación puntual do PEPRICA referido ao artigo 86 da normativa, ao plano O.2 da delimitación dos ámbitos de museización no subsolo e ás fichas 3.45.01-3.46.01-3.47.02 e 3.47.03 do Catálogo do PEPRICA, referidas aos inmobles do conxunto do Museo Provincial na praza da Leña e rúas Pasantería, Pai Sarmiento, Juan Novás Guillán, Laranxo e Pai Luis María Fernández (expediente 2021/MODPEPRICA/000001).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o 19.7.2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«(...) Primeiro. Prestar aprobación inicial ao proxecto denominado “PEPRICA-Pontevedra. Aprobación inicial da modificación puntual do artigo 86 da normativa do plano O.2 da delimitación dos ámbitos de museización no subsolo e das fichas 3.45.01-46.01-3.47.02 e 3.47.03 do conxunto do Museo Provincial sito na praza da Leña e rúas Pasantería, Padre Sarmiento, Juan Novás Guillán, Laranxo, Pai Luis María Fernández, asinado dixitalmente polo arquitecto Ramón Reboreda Martínez o 29.6.2021, conformado pola arquitecta municipal da OTAP e que xustifica e/ou introduce as modificacións subsecuentes ás observacións e suxestións indicadas nos informes sectoriais emitidos durante a tramitación da avaliación ambiental estratéxica, con adaptación documental aos criterios da Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

Segundo. Dispoñer o sometemento de todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o resumo executivo, á información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra, na sede electrónica do Concello www.sede.pontevedra.gal e nun dos xornais de maior difusión da provincia, con notificación individual á Deputación Provincial de Pontevedra e ao resto dos interesados que figuren no catastro e, todo isto para os efectos de que durante tal período poidan formularse as alegacións e suxestións oportunas, computando o remate do amentado prazo de alegacións desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou notificación individual –se for posterior–, dilixenciándose a documentación exposta pola Secretaría da Administración Municipal. (...)».

«(...) Cuarto. Dispoñer a suspensión das licenzas de edificación, parcelamento e/ou demolición no ámbito territorial obxecto da presente modificación e que se concreta no plano do resume executivo, que será obxecto de publicación xunto cos anuncios da aprobación inicial, con referencia ao proxecto de modificación puntual e respecto da nova normativa proposta. (...)».

Durante o período de información pública, o texto íntegro da modificación puntual, debidamente dilixenciado, xunto co correspondente expediente administrativo, estarán depositados nos servizos urbanísticos municipais, sitos no primeiro andar da rúa dos Ferreiros, números 28-30, Pontevedra, en horario de oficina, para que poida ser consultado, logo de cita, que deberá de ser solicitada no teléfono 886 40 51 53 ou na sede electrónica do Concello de Pontevedra (sede.pontevedra.gal), para o que deberá de seleccionar a opción Oficina: Urbanismo. Trámite: planeamento e xestión urbanística e ordenación do territorio e sen prexuízo do seu acceso electrónico a través da sede electrónica do Concello.

Así mesmo, infórmase que nestas datas xa se atopa publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (ligazón exacta a día de hoxe: http://www.pontevedra.gal/areas/urbanismo-e-territorio/planeamento-urbanistico/planeamento-en-tramitacion/) o contido íntegro do documento aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Pontevedra, 21 de xullo de 2021

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde

ANEXO

Resumo executivo e ámbito de suspensión de licenzas

missing image file