Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 20 de agosto de 2021 Páx. 42077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial (expediente FG número 673).

Mediante a Resolución da Alcaldía 2021003903, do 11 agosto de 2021, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle para o parcelamento das parcelas 3.1 e 3.2 do Plan parcial I33-R de Iñás (documento R.E. nº 2021010433, do 16.6.2021).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 16 de agosto de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde presidente