Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 20 de agosto de 2021 Páx. 42044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2019/0007-0.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, polo presente anuncio notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador na orde social.

Infórmase de que a dita resolución non esgota a vía administrativa e que aos interesados asístelles o dereito a formular recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no tablón de edictos único (TEU), ante a conselleira de Emprego e Igualdade, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

O texto íntegro da resolución poderá consultarse nas dependencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Advirteselles que, de non interpoñéren o recurso, terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Dirección Xeral de Relacións Laborais, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2021

A directora xeral de Relacións Laborais
Elena Mancha Montero de Espinosa
P.S. (Disposición adicional 2ª do Decreto 2015/2020, do 3 de decembro;
DOG núm. 253, do 17 de decembro)
José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

anexo

Empresa

Enderezo

Localidade

Nº expediente

Acta de infracción

Data resolución

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción imposta

Varaderos Lazareto, S.L.

Dársena de Oza, 1, A Coruña

RL 2019/0007-0 41440/2019/1/H

21.4.2021

Artigos 14.2, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais

Artigo 13.10 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

40.986 €