Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 20 de agosto de 2021 Páx. 42043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade das resolucións das modificacións non substanciais das autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: matadoiro avícola con planta de tratamento e transformación de produtos cárnicos e planta de incineración de galiñaza

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren)

Núm. rexistro AAI : 2007/0081_NAA/IPPC_143

Situación: concello de Ourense

Expediente núm. 2021-IPPC-M-64

Instalación: planta xestora de residuos e vertedoiro controlado

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Acttia Medioambiental, S.L.

Núm. rexistro AAI : 2006/0291_NAA/IPPC_134

Situación: concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña)

Expediente núm. 2021-IPPC-M-59

Instalación: fábrica de extrusión e anodizado de perfís de aluminio (centro Rois)

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Exlabesa Extrusión Padrón, S.L.

Nº de rexistro AAI 2006/0285_NAA/IPPC_148

Localización: concello de Padrón

(A Coruña)

Expediente núm. 2021-IPPC-M-58

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático