Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2021 Páx. 41794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xullo de 2021, polo que se autoriza a permuta e a modificación de superficies no Catálogo de montes de utilidade pública, dunha parte do monte Vaos, número 103-C, no concello de Mazaricos.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas publícase o seguinte anuncio:

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de xullo de 2021 adoptou, entre outros, o seguinte

ACORDO:

1. Autorizar a permuta, e a conseguinte exclusión dunha parcela e incorporación doutra permutada no Catálogo de montes de utilidade pública, no monte Vaos, número 103-C, situado no concello de Mazaricos (A Coruña) o que supón a descatalogación da parcela do monte Vaos que se permuta e que ten unha superficie de 1,2548 ha (dentro da referencia catastral 15046A018000420000AS), así como a incorporación ao monte de utilidade pública e ao CUP da parcela lindeira e que conta cunha superficie de 1,3169 ha (dentro da referencia catastral 15046A018000440000AU).

2. Que a superficie do monte de utilidade pública, logo destas modificacións, increméntase en 0,0621 ha (621 m²).

3. Dar traslado ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación da citada modificación da declaración de utilidade pública e da permuta.

Contra este acordo as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo, ante o Consello da Xunta de Galicia no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal