O día 28 de xuño de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021673AE-PO, incoado á persoa titular do DNI 36102303P.
Intentouse notificar a resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se notifica á persoa interesada o contido da citada resolución.
De conformidade co artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo. O prazo para interpoñer este recurso é de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
De optar por presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, conforme prevén os artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, a persoa interesada perdería o dereito á redución que se realizou na tramitación do procedemento sancionador en aplicación do artigo 85.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, por recoñecemento da responsabilidade.
A persoa interesada ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, nº 43 , 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.
Este anuncio expídese para que conste e sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 4 de agosto de 2021
Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: 2021673AE-PO.
DNI da persoa denunciada: 36102303P.
Último enderezo coñecido: camiño Barrouco, nº 10, 1º, San Paio, 36212 Vigo.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.