Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de decembro de 2020 (publicada no DOG núm. 249, do 11 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2021
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a,
de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia
• Tribunal titular.
Presidencia: José Ángel Viñuela Rodríguez, persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.
Secretaría: Dámaso Pérez Vale, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Vogais:
– Juan Carlos Ferreras Pertejo, persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.
– Paula Oliete Trillo, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Isaac Gómez Piñeiro, persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.
• Tribunal suplente.
Presidencia: Bernardo Nores Blanco, persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.
Secretaría: María Eugenia de Pascual Grasa, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Vogais:
– Elvira María Casal García, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Juan Carlos Barreiro González, persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.
– Pedro Felipe Pedrouzo Devesa, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.