Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41560

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 13 de agosto de 2021 pola que se deixa sen efecto a publicación da Orde do 26 de xullo de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, publicada por erro no Diario Oficial de Galicia número 155, do 13 de agosto de 2021.

No Diario Oficial de Galicia núm. 155, do 13 de agosto de 2021, publicouse por erro a Orde do 26 de xullo de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que xa fora publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 150, do 6 de agosto de 2021.

En consecuencia, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Deixar sen efecto a Orde do 26 de xullo de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, publicada por segunda vez no Diario Oficial de Galicia núm. 155, do 13 de agosto de 2021. O cómputo de prazos, polo tanto, contará a partir da publicación feita no Diario Oficial de Galicia núm. 150, do 6 de agosto de 2021.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade