Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 11 de agosto de 2021 Páx. 40325

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle na avenida 25 de Xullo.

O Pleno do Concello do Carballiño, en sesión do 2 de xullo de 2021, aprobou definitivamente o estudo de detalle na avenida 25 de Xullo, de Promociones Inmobiliarias Carballinesas, S.A.

O que se publica en cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo da Galicia, artigo 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei, en relación co artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Contra o presente acordo de aprobación, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O Carballiño, 6 de xullo de 2021

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde