Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 11 de agosto de 2021 Páx. 40326

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da aprobación do cambio de uso dotacional de equipamento escolar a equipamento cultural (expediente 3634/2021).

O Pleno do Concello de Redondela, en sesión extraordinaria urxente do día 13 de xullo de 2021, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o cambio de uso das parcelas coñecidas como antigas vivendas dos mestres, sitas na avenida de Mendiño, 24 e 26, con referencias catastrais 2423029NG3822S0001AA e 2423030NG3822S0001HA, con clasificación urbanística, dacordo coas normas subsidiarias de planeamento de ámbito municipal, de solo urbano dotacional público de equipamento escolar a outro uso dotacional público, equipamento cultural.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG, e remitilo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia.

Terceiro. Notificar este acordo ao Departamento Municipal de Urbanismo, para o seu coñecemento.

En cumprimento do establecido no punto terceiro deste acordo, faise constar que mediante oficio da alcaldesa do 14 de xullo de 2021, remitiuse o acordo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia.

Redondela, 14 de xullo de 2021

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa