Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 10 de agosto de 2021 Páx. 40138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 27 de xullo de 2021 polo que se notifica a resolución do recurso de reposición contra a Resolución do 10 de febreiro de 2018 en que se impón a quinta multa coercitiva (expediente IU2/45/2013-F1R1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 11 de xuño de 2021, resolución pola que se resolve o recurso da quinta multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 8 de abril de 2012, en que se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción dunha edificación auxiliar de planta baixa, en San Pedro, Cesantes, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra, ao seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente, e ordénase a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á persoa interesada, con documento nacional de identidade 36033048K, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.1.3ª, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística