Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 10 de agosto de 2021 Páx. 40137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento con propiedades particulares do monte veciñal en man común (MVMC) Foxas, Pedrouzos e Grañedos, na parroquia de San Vicente de Pías, concello de Lugo (expediente 7DES_2020).

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade á proposta de deslindamento do MVMC Foxas, Pedrouzos e Grañedos con propiedades particulares, presentada pola comunidade de Pías o 14.10.2020 (con mellora da documentación o 15.6.2021).

Con data do 12.7.2021 o Servizo de Montes de Lugo emitiu un informe favorable ao considerar que non existe menoscabo da integridade do MVMC.

Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios afectados.

Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta. Para consultar a documentación, os interesados deberán pedir cita previa nos teléfonos 982 88 92 56 ou 982 29 45 32.

Lugo, 23 de xullo de 2021

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 20.7.2017)
Pablo Iglesias López
Xefe do Servizo de Explotacións Agrarias