Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Manide-O Pirineo, no concello de Irixoa (expediente IN407A 2016/370-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 28 de xullo de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2016/370-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Manide-O Pirineo.
Concello: Irixoa.
Predio |
Titularidade proposta |
Depósito |
Importe |
18 |
Ramón Golpe Brañas |
932/2021 |
250,18 € |
41 |
Descoñecida |
938/2021 |
402,72 € |