Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 10 de agosto de 2021 Páx. 40112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da delimitación do solo do núcleo rural A Carballa, parroquia de Morgadáns, no concello de Gondomar.

O Concello de Gondomar remite a delimitación do solo do núcleo rural (DSNR) da Carballa para resolver sobre a súa aprobación definitiva, conforme o previsto no artigo 78.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e o artigo 191 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG).

Logo de analizar o proxecto da DSNR de San Roque, redactado pola arquitecta Delia Prado Figueroa en decembro de 2020; e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Gondomar non conta con ningunha figura de planeamento xeral. O PXOM foi anulado por Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 15.9.2001; anulación que acadou firmeza en casación, pola Sentenza do Tribunal Supremo do 22.2.2005.

O ordenamento xurídico vixente no Concello de Gondomar derívase da providencia da alcaldía do 8.3.2012, en que se remite á dilixencia da secretaria municipal que remite aos informes xurídicos da técnica da Administración xeral do 15.9.2011 e 20.2.2012 e da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 6.9.2012 e 5.7.2013.

2. Mediante Resolución do 23.12.2016 da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou o informe ambiental estratéxico desta delimitación do núcleo rural da Carballa e resolveuse non sometela ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (expediente 2016AAE1962 e Diario Oficial de Galicia do 12.1.2017), constando a achega dos informes da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 8.11.2016; Instituto de Estudos do Territorio do 19.10.2016; Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 4.11.2016; Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica do 14.11.2016; e Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural do 10.11.2016.

3. A delimitación do núcleo rural da Carballa someteuse a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia do 1.2.2017 e nos xornais Faro de Vigo do 3.2.2017 e La Voz de Galicia do 4.2.2017, notificándoselle aos titulares catastrais afectados e publicándose no Boletín Oficial da provinvia de Pontevedra e no Boletín Oficial del Estado a citación aos interesados non localizados, non constando a presentación de alegacións.

4. O Concello solicitou informe á Dirección Xeral de Enerxía e Minas (consta informe do 20.11.2017), Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (informes dos días 18.10.2018, 2.7.2019, 30.4.2020 e 11.11.2020), Augas de Galicia (que non achegou o informe), Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (informe en materia de residuos do 20.10.2017), Instituto de Estudos do Territorio (informe do 24.10.2017), Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (informe do 23.10.2017), Dirección Xeral de Aviación Civil (informe do 15.1.2018) e Subdelegación do Goberno (informe do 22.12.2017 e informe da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do 20.12.2017).

Foron solicitados informes a Augas de Galicia, Dirección Xeral de Ordenación Forestal e Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información, que non achegaron resposta no prazo establecido.

5. Constan emitidos informes técnicos municipais favorables do 13.4.2018, 14.11.2018 e 26.1.2021; e informes xurídicos e do secretario dos días 16.4.2018 e 28.1.2021.

6. A delimitación de solo de núcleo rural da Carballa foi aprobada provisionalmente polo Pleno do Concello en sesión do 19.4.2018.

7. O Concello remitiu o expediente e o documento aprobado provisionalmente ao órgano competente en materia de urbanismo para resolver sobre a súa aprobación definitiva. Tras os requirimentos realizados a delimitación de núcleo rural da Carballa foi aprobada provisionalmente de novo o 25.2.2021 e remitido para aprobación definitiva.

II. Obxecto da delimitación de solo de núcleo rural.

O documento ten por obxecto o recoñecemento e delimitación do núcleo rural A Carballa, na parroquia de Morgadáns, como solo de núcleo rural tradicional, cunha superficie de 20.778 m².

III. análise e consideracións.

2.1. Respecto ás cuestións sinaladas no informe emitido no período de consultas pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, púidose comprobar que se deu cumprimento a estas.

2.2. Acredítase na documentación achegada que se incorporaron os condicionantes derivados dos informes sectoriais emitidos durante a súa tramitación.

IV. Resolución.

Visto canto antecede, e en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a delimitación do solo de núcleo rural da Carballa, parroquia de Morgadáns, no concello de Gondomar.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, esta Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a delimitación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

4. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa da delimitación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita a mesma no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2021

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo