Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Vilar-San Mateo, no concello de Narón (expediente IN407A 2019/108-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 27 de xullo de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/108-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Vilar-San Mateo.
Concello: Narón.
Predio |
Polígono |
Parcela |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
8 |
518 |
1388 |
Santiago Lorenzo Díaz |
23.6.2021 |
17 |
518 |
5073 |
José Antonio Puentes Pérez |
23.6.2021 |