Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 9 de agosto de 2021 Páx. 39731

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de liquidación dos custos de execución subsidiaria da xestión da biomasa (expediente 402/2020).

Nº expediente: 402/2020.

Orde de execución: Decreto 211/2020.

Data: 18.5.2020.

Obrigada: Coufane, C.B.

Notificación: R.S. 274 e R.S. 391 infrutuosos.

Anuncios: DOG núm. 183, do 9.9.2020, e BOE núm. 247, do 16.9.2020.

(...)

Efectuada a xestión da biomasa en execución subsidiaria por parte do Concello de Oia, e ao resultar infrutuoso o intento de notificación á obrigada da liquidación dos custos, a través do enderezo electrónico de que dispón a Administración municipal, faise público que mediante o Decreto de Alcaldía nº 370/2021, do 14 de xullo, se procedeu á liquidación dos gastos xerados pola execución subsidiaria da xestión da biomasa na parcela de propiedade de Coufane, C.B., de acordo co previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, que son os que seguen:

Superficie da parcela (segundo datos catastrais): 883 m2.

Valoración €/ha de traballos de xestión da biomasa: 3.953,15 €/ha.

Total liquidación: 317,44 €.

O que lle notifico pola súa condición de interesada, en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, facéndolle saber que:

O citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra este pode interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non quere exercer o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ademais, e polo que respecta á liquidación en voluntaria, que ascende a 317,44 €, requíreselle o pagamento mediante ingreso en conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Oia en Banco Pastor, número ES24 0238 8336 4606 6000 0173, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de impagamento nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Oia, 27 de xullo de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa