Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 23 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a remisión de formularios para o pagamento voluntario do expediente de multa coercitiva de minas IN635C M.C. 2020/7-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícanselle á persoa relacionada no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren ausentes en repartición ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 23 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

Acto notificado

NIF da persoa

expedientada

Acto adoptado por

Data

do acto

IN635C M.C. 2020/7-3

Remisión de formularios pagamento voluntario multa coercitiva

34630308J

Xefe da Área Xurídica

22.6.2021