Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 21 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, de comunicación da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2021/8-3 AT, no concello de Beariz.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT ALB801 apoio AMPMV100//81-13, no concello de Beariz (expediente IN407A 2021/8-3 AT), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ourense, 21 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/8-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMT ALB801 apoio AMPMV100//81-13.

Concello: Beariz.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

1

Alargos

Descoñecida