Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión de varias árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2021/1008426.

Data: 29.4.2021.

Solicitante: Concello de Xinzo de Limia.

Especie: Catalpa bignonioides Walter.

Localidade: Xinzo de Limia.

Concello: Xinzo de Limia.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 32271/1125919.

Data: 12.5.2021.

Solicitante: José Manuel Fernández Otero.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Riazón-Ombreiro.

Concello: Lugo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2021/1219093.

Data: 24.5.2021.

Solicitante: María Berta Barros Mosquera.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Ordes.

Concello: Ordes.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 2021/205517.

Data: 1.6.2021.

Solicitante: AA.VV. Vilachá de Salvadur.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Vilachá de Salvadur.

Concello: A Pobra de Brollón.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2021/1353383.

Data: 4.6.2021.

Solicitante: Concello da Pobra do Caramiñal.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Vilariño.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 2021/1353383.

Data: 14.7.2021.

Solicitante: Concello de Boiro.

Especie: Camellia sasanqua Thunb.

Localidade: Pazo de Goiáns.

Concello: Boiro.

Provincia: A Coruña.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública durante un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionada neste anuncio, e a documentación presentada xunto con ela, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña, r/ Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense, avenida Habana, 79, 5º, 32071 Ourense.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2021

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural