Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39393

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de aprobación inicial de infraestruturas e dotacións dun centro de sáude.

O Pleno do Concello de Soutomaior, en sesión do 29 de xullo de 2021, aprobou inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de saúde no concello de Soutomaior.

De acordo co previsto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública a documentación do Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de saúde no concello de Soutomaior, polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, e estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste concello:

http://soutomaior.sedelectronica.es

Soutomaior, 29 de xullo de 2021

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde