Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39391

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de aprobación inicial e información pública do Proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, para a urbanización da rúa Galicia.

O Pleno do Concello de Salvaterra de Miño, na súa sesión ordinaria do 26 de xullo de 2021, acordou proceder á aprobación inicial do Proxecto de Expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución da urbanización da rúa Galicia.

Dando cumprimento ao establecido no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no 293 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, ábrese un prazo de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal (https://concellodesalvaterra.sedelectronica.gal/), por un prazo de un (1) mes contado a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG.

Durante este prazo, aquelas persoas que poidan resultar interesadas poderán formular as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Para tal efecto, o expediente atópase á súa disposición na Secretaría do Concello en horario de atención ao público.

Salvaterra de Miño, 29 de xullo de 2021

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº predio

Titular

DNI

Ref. catastral

Sup. afectada

(m²)

Valor

prezo xusto (€)

1

Maximino Groba Groba

***4335**

1693008NG4519S0001MI

258,61

33.197,39 €

2

Josefina Acuña Pazos

***9033**

16936007NG4519S01001FI

14,85

4.657,43 €

e 36050A001001160000PZ

3

Enrique Araujo Rodríguez

***6919**

36050A001080820000PW

639,82

71.571,72 €

e parte de 1693009NG4519S0001OI

4

Enrique Araujo Rodríguez

***6919**

1693009NG4519S0001OI

163,19

17.477,65 €

e parte de 1693014NG4519S0001RI

5

Dimas Pazos Lorenzo

***8670**

1693015NG4519S0001DI

69,51

13.911,41 €

6

Adoración González Soto

***6997**

1693017NG4519S0001II

262,24

38.841,22 €

e 36050A001001130000PJ

7

Hdros. Mª Carmen Alonso Rodríguez

***8341**

1693016NG4519S0001XI

446,28

83.330,69 €

María Cristina González Alonso

***7112**

8

Lucas Soto Alonso

***7843**

1693006NG4519S0001TI

26,25

6.069,49 €