Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39394

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello de Tomiño, en sesión plenaria que tivo lugar o día 12 de xullo de 2021, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 9 do vixente PXOM, relativa á reordenación de determinadas áreas do núcleo urbano do Seixo e do seu contorno afectados pola apertura da avenida do Baixo Miño.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O expediente estará exposto ao publico polo prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio no DOG, e mediante anuncio nun dos xornais de maior difusión na provincia. Os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo de conformidade co citado artigo.

O expediente comporta a suspensión cautelar de licenzas nos ámbitos identificados na modificación puntual como SUNC AR 5, SURB-1-R e na área da Pedra.

Tomiño, 15 de xullo de 2021

Sandra González Álvarez
Alcaldesa