Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39353

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (402/2020).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio que no xuízo ordinario seguido neste Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, co número 402/2020, por instancia de Santander Consumer Establecemento Financiero de Crédito, S.A. fronte a Marcos Rivero Acebedo e Juan Uribe Martínez, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido acoller a demanda presentada polo procurador Sr. Enríquez Naharro, en nome e representación de Santander Consumer Finance, S.A., contra Juan Uribe Martínez, con DNI 49708889R, e Marcos Rivero Acebedo, con DNI 44488848V, e, en consecuencia, debo declarar e declaro resolto o contrato de préstamo número Y WS F 2019 0046897, por incumprimento contractual reiterado e manifesto do plan de amortización do préstamo, e debo declarar e declaro a perda do prazo concedido para a súa devolución.

E, igualmente, en consecuencia, debo condenar e condeno a Juan Uribe Martínez, con DNI 49708889R, e Marcos Rivero Acebedo, con DNI 44488848V, a pagarlle á entidade Santander Consumer Finance o importe de oito mil catrocentos oitenta euros con noventa e nove céntimos de euro (8.480,99 €), máis os xuros remuneratorios pactados sobre o importe de cada un dos recibos impagados desde o día seguinte ao vencemento de cada un dos recibos ata a data da presente resolución, máis os xuros legais do artigo 576 da LAC desde a presente e ata o completo pagamento. Con imposición das custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes, instruíndoas do seu dereito a formular contra ela recurso de apelación, no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para resolver ante a Audiencia Provincial de Ourense, recurso que deberá presentarse como indican os artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Uribe Martínez e Marcos Rivero Acebedo, expídese a presente para que sirva de notificación en forma.

Ourense, 8 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza