Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39270

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 28 de xullo de 2021 pola que se amplía o crédito para o procedemento PE120B da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2021 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C, PE120E e PE120F).

A Orde do 29 de decembro de 2020 (DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 2021) estableceu, para o ano 2021, a convocatoria de axudas para propietarios de buques e entre a súas finalidades estaban realizar investimentos que:

• Melloren a hixiene, saúde, seguranza e condicións de traballo en buques pesqueiros (procedemento PE120B).

A dita orde establece no seu artigo 4 que o crédito inicial poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Tendo en conta que este ano, polo número e contía deste tipo de axudas, o crédito orzamentario non foi suficiente para atender as solicitudes que cumpren cos requisitos, é polo que procede ampliar o crédito orzamentario para a concesión de axudas para a liña de investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.

Por todo o anterior, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 en:

• 253.630,71 euros, con cargo á aplicación 15.02.723A.770.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, polo que o importe total da convocatoria de 2021 para o procedemento 120B ascende a 770.630,71 euros.

Segundo. A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2021

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar