Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39272

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se amplía o crédito para o procedemento PE120B da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2021 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C, PE120E e PE120F).

BDNS (Identif:): 544983.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total do crédito para o financiamento das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2021 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C, PE120E e PE120F), concretamente para o procedemento PE120B, nunha contía de 253.630,71 €, con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.723A.770.6, código de proxecto 2016 00279, quedando un importe total da convocatoria de 2021 de 770.630,71 € neste proxecto.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para la presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar