Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39039

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de xullo de 2021 pola que se autoriza a baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da Escola de Danza Privada Rond de Jambe, de Ferrol (A Coruña).

Mediante a Orde do 19 de outubro de 1994 (DOG do 14 de novembro) autorízase a inclusión da Escola de Danza Privada de Rond de Jambe, de Ferrol, no Rexistro de Escolas de Música e Danza, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, inicia o expediente de baixa da Escola de Danza Privada Rond de Jambe por non estar en funcionamento nos últimos cinco cursos académicos.

Conforme co Decreto 198/2020, do 20 de novembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, correspóndelle as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración da ensinanza regrada en toda a súa extensión.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Baixa no rexistro

Autorizar a baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da Escola de Danza Privada Rond de Jambe, con domicilio na rúa Magdalena, nº 200, 1º D, de Ferrol, código do centro: 15027459.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade