Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 16 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o Acordo do 23 de xuño de 2021 polo que se dá trámite de audiencia á entidade mercantil Neoker, S.L., ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

1. Con data 9 de outubro de 2012, inscríbese o centro da entidade Neoker, S.L., sito no polígono industrial Novo Milladoiro, r/ Xesta M1, nave 78, 15895 Ames (A Coruña), pertencente á dita entidade mercantil, no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental co número ES-GA-000360, de conformidade co establecido no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

2. Terminado o período de validez para as sucesivas renovacións, debía presentar a seguinte declaración ambiental validada o 16 de setembro de 2018, segundo se facía constar na última documentación achegada. Porén, non se recibiu por parte de Neoker, S.L. ningún tipo de comunicación.

Fundamentos de dereito:

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS) dispón: «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático cancelará a inscrición do centro no rexistro, e informará de tal medida á dirección do centro».

Considerando que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece: «5. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado concedéndolle un prazo de quince días para que presente as alegacións, documentos e xustificacións que considere oportunas. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificaráselle á Dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, corresponden á directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e no Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta dirección xeral

ACORDA:

Dar trámite de audiencia á entidade Neoker, S.L., con domicilio social no polígono industrial Novo Milladoiro, r/ Xesta M1, nave 78, 15895 Ames (A Coruña), concedéndolle un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que consideren convenientes.

Notifíqueselle ao interesado, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 40.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2021

Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático