Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da planta de almacenamento de residuos que Marpolgal, A.I.E., posúe no concello de Vigo (Pontevedra) (expediente 2020-IPPC-M-23).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– «Revisión da autorización ambiental integrada da planta de Marpolgal, A.I.E., sita en Vigo, para a súa adaptación ás actuais MTD’s (Pontevedra) xuño 2021».

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-23.

Peticionario: Marpolgal, A.I.E.

NIF: V27878909.

Domicilio social: Cánovas del Castillo, nº 10, 3º G, 36202 Vigo (Pontevedra).

Localización da instalación: porto de Vigo, peirao de reparacións de Bouzas, s/n, 36200 Vigo (Pontevedra).

Actividade: planta de xestión de residuos procedentes de buques mercantes, barcos pesqueiros e deportivos: almacenamento de residuos tanto perigosos como non perigosos e valorización de residuos non perigosos, englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 5.6.

Descrición das instalacións: a planta consta dunha única edificación para a actividade industrial que se organiza en 7 áreas diferentes segundo a actividade ou produto que se trate: edificio administrativo e vestiarios, almacenamento de recipientes móbiles para Marpol V, almacenamento de tanques fixos para Marpol I, carga e descarga de camións cisterna para Marpol I, zona de aprovisionamento de tanques móbiles baleiros, almacenamento de depósitos Marpol IV e compactadora de residuos non perigosos.

Co obxecto de reter os posibles derrames e fugas, a planta conta cun sistema de recollida de posibles verteduras accidentais.

Verteduras:

• Augas residuais fecais, procedentes dos aseos e vestiarios, e augas pluviais, procedentes da cuberta da nave e canalizadas polo seu interior, son recollidas na rede de saneamento do peirao de Bouzas (municipal).

• Augas de proceso: non se emprega auga no proceso, polo que no se xeran augas residuais industriais, excepto as procedentes da limpeza de tanques de residuos, xestionadas como residuo.