O día 22 de xuño de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20210263AM-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.
Intentouse a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.
Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, nº 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Advírteselle que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.
Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 15 de xullo de 2021
A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 136/2019, do 10 de outubro; DOG núm. 208, do 31 de outubro)
Enrique Rodríguez Diez
Xefe do servizo de Xestión
ANEXO
Nº de expediente: 20210263AM-LU.
CIF da persoa interesada: B27232404.
Último enderezo coñecido: rúa do Progreso, nº 6, 27001 Lugo.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación provisional: unha infracción grave.
Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos (3.005,07 €).