Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 9 de xullo de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunais da Granxa (ampliación), a favor dos vecinos e veciñas da Granxa, na parroquia de Vilar de Ordelles (Santa María), no concello de Esgos.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 21 de abril de 2021, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Comunais da Granxa (ampliación).

Superficie: 0,13 ha.

Pertenza: CMVMC da Granxa.

Parroquia: Vilar de Ordelles (Santa María).

Concello: Esgos.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32032A01100305

001600900PG08F

Norte e oeste

32032A00909014

Leste

Terreos sen referencia catastral

Sur

Terreos sen referencia catastral

32032A01100294

32032A01100296

32032A01100301

32032A01100304

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes así como aportar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 9 de xullo de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense